lunes, 18 de agosto de 2008

JAQUE : PANES ET CIRCUS


sete orquestas e David Bustamante




"Panes et circus" foi unha gran frase de Xulio César cando respostou a pregunta ¿como manter en silenzo e calma o pobo cando ti nos faltes, César ? Panes: pan, Polígonos; e Circus: circos, Festas. Con esas dúas cousiñas o pobo xa esta calmado. A política en esencia, abofé, mantívose inalterábel durante os últimos dous mil anos e polo que podemos adiviñar sigue centrando os seus maiores investimentos na Fórmula Máxica do gran Emperador César.
¡¡¡¡¡ 100.000 euros !!!! ...... ardidos no lume innecesario dos presupostos vergonzosos dos festexos para a nosa vila. Mentres Loureda tivo que amañarse co dúo Omega e moitos lares quedarán sen festa e outras parroquias terán que esforzarse para recadar fondos, o centro neurálxico poderá fumarse o ancho do presuposto meirande na lene vitoria de catro días de festa gardados todo o ano na memoria colectiva dun pobo cego, mudo e .... xordo.
Co diñeiro disposto para pagar os servizos de David poderiase facer unha festa digna en Sorrizo, resucitar as grandes festas de Uxes, levar canto menos unha orquesta mínima para Morás ou facer verbena onde fai tempo que non a poden ter, por desgraza.
Nalgúns eidos da nosa vila deberíamos canto menos sinalizar carretera só para tractores, absteñanse turismos ou unha sinal que indique zona esquecida polo concello.
Tamén sería moi importante subencionar: os medios de comunicación local no canto de ignoralos ou atacalos dalgunha forma (presuntamente), pois son a esperanza de progreso, a voz no silenzo, o nexo entre o pobo e a realidade do seu eido ; investir unha milésima parte do diñeiro nunha escolma poética que recolla a todos os numerosos autores do noso concello no canto de non os recibir xamáis, ignoralos e apoiar só os venideros que só queren a nosa vila polos seus frios cheques ; porque a concelleira de cultura de Laracha ou o de Cabana entre outros Concellos próximos non só nos atenden sen previa cita senón que se comportan amablemente e máis alá da súa posición política dannos leccións de saber tratar as persoas con agarimo e sumo interese ; porque temos máis apoio fora que na propia casa ( dos políticos ) que non da nosa xente.
Parece moi paradigmático que eu coñeza persoas en Arteixo que viven sin auga, luz ou calefacción, que resisten o frio durmindo coas súas vacas no salón da casa rodeadas de esterco, galiñas e cans enfermos, aseándose, dalgún xeito, en rios no duro inverno en condicións infrahumanas propias doutro lar e doutro tempo. Despois de cincuenta anos nesas pésimas condicións pode que agora xa non precisen do concello para sobrevivir, debemos canto menos regalarlles un CD de Bustamante para que non se sintan tan esquecidos.
¡¡¡¡¡¡¡¡ Cantas cousas poderíamos facer cada un de nós con 100.000 euros e un pouco de atención !!!!!!!!!!.
Cecáis sexa mellor que os manexe o pobre David, seguro que lle fai moita falta o diñeiro.
O ancho dos votos non mana das aldeas remotas da vila ... senón do centro acomodado. Media hora de Circus .... e mellor ca nada.
E pregúntome: ¿que poden facer por nós
.... unha gaivota .... ou unha rosa vermella?

Redacta : Óscar de Souto (escritor local)
oscardesouto@hotmail.com
teléfono : 607 822 730

No hay comentarios: