miércoles, 20 de agosto de 2008

J A Q U E !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!



JAQUE :

"ADICTOS A MENTIRA"


- TEORÍA DO INTERESE PROPIO COMÚN -

Boceto dunha conspiración ideolóxica:
Coma nun orballo de verbas, coma nubes antes dunha treboada, coma un show de televisión ... así cheguei a entender un día, co meu prisma particular, o meu amado lar.
Unha tarde calquera, paseando por unha beirarúa, descubrín un desaugue noxento e denigrante cuspindo xabrón e outras calamidades o centro neurálxico dun estanque de parrulos. Aquela pequena lagóa a carón dunha inmensa igrexa na nova Springfield galega foi cecáis construida só para gañar algúns VOTOS.
Esa dura imaxen de parrulos recén nados e recén mortos rodeados de troitas co ventre cara o sol, entre burbullas e peste, causou en min un estado de automeditación interna. Baixou do ceo unha fermosa pomba branca e ....
.... cagoume encima da miña cabeza.
si !!!!!! Dese xeito tan poético desexo expresar o que nese intre sentín.
A miña autofilosofía imposta polo sistema e polas circunstancias a que nomeo como "Teoría do interese propio común".
Un goberno podese comparar cun matrimonio de recén casados onde só debe primar o obxectivo e finalidade de tal unión. Esa teoría do plan de futuro común.
Para que funcione deben operar sempre en común acordo e buscando sempre un futuro digno dende o compromiso, fidelidade, amor, respeto, dialogo e sen ter en conta as súas diferenzas de mentalidade ideolóxica ou disparidade.
Analizando esa comparativa acadei un plantexamento no que ambas partes teñen un plan en común ainda que por desgraza non é o correcto senón o peor de tódolos plans posíbels... un plan ZP-L que non busca o ben común dende o compromiso propio de todos os membros senón un interese propio xeral pasando olimpicamente do eido, das polavilas e da xente en si.
Outro plantexamento é a dun barco en comparativa cun goberno local.
Neste caso concreto ocorre que non existe timón, nin patrón e todos os almirantes andan na procura do cofre do tesouro sen preocuparse polo barco ou pola tripulación. Cinco deles xa andaban afeitos a este sistema tan peculiar e os outros cinco andan verdes no tema, pero, desexan aprender como se pode pasar por almirante sendo en realidade un pirata saqueador do seu propio barco (carente de patrón).
Plantexo pois o caso hipotético e irreal no cal un dos almirantes ande a tomar o sol e a rascar a barriga na cuberta todo o ano sen que ninguén lle poida chamar a atención, iso si, ata que chegan as festas do Santiago Apostolo.
É un plantexamento demasiado aloucado e sub-realista pois un político non poderá xamáis facer tal cousa sen crear o caos. Non me imaxino a un almirante destes amarrado o cofre do tesouro e cobrando cubatas no bochinche dunha comisión imposta por él nas festas do patrón. ¿non? ¿ou si?
Todo pode ser !!!!!
Neste barco sen timón, sen rumbo. Neste matrimonio que cheira a divorcio .... todo pode ser !!!!!
o vello larpeiro divorciado e infiel e a nova nena, zorra e ginetera, fan pois unha extraña parexa que non navega cara ningún porto.
Pase o que pase, a nena casará con un ou con outro, según cambie o vento, e a dote será sempre o COFRE DO TESOURO.
A pomba branca era pois en realidade un corvo divorciado dunha gaivota e o ramo da noiva era de rosas vermellas nun xarrón de xabrón e parrulos mortos.
Porque nun mar de cegos, xordos e mudos .... toman sempre o poder os piratas e .... TODO PODE SER !!!!!!!!!!
Ou eu ando daltónico ou hoxe o marrón da terra que un día foi azul somella negro e o vermello cada vez paréceme máis a cor do carbón onde se arden os cartos da festa do patrón.
Se a miña pruma cala fágome comprice e mancho as mans; as inxusticias dispáranseme e despois teño que facer horas extras. Porque cando calo ando a falar tamén. Porque cando eu falo de vós, parrulos e peóns, ando, en realidade, a falar de min tamén.
Non ver, non oir, non falar, nestes casos, é a peor de todas as virtudes dun pobo.


Artigo de opinión.
Autor: Óscar de Souto
hotmail: oscardesouto@hotmail.com
teléfono: 607 822 730

lunes, 18 de agosto de 2008

JAQUE : PANES ET CIRCUS


sete orquestas e David Bustamante




"Panes et circus" foi unha gran frase de Xulio César cando respostou a pregunta ¿como manter en silenzo e calma o pobo cando ti nos faltes, César ? Panes: pan, Polígonos; e Circus: circos, Festas. Con esas dúas cousiñas o pobo xa esta calmado. A política en esencia, abofé, mantívose inalterábel durante os últimos dous mil anos e polo que podemos adiviñar sigue centrando os seus maiores investimentos na Fórmula Máxica do gran Emperador César.
¡¡¡¡¡ 100.000 euros !!!! ...... ardidos no lume innecesario dos presupostos vergonzosos dos festexos para a nosa vila. Mentres Loureda tivo que amañarse co dúo Omega e moitos lares quedarán sen festa e outras parroquias terán que esforzarse para recadar fondos, o centro neurálxico poderá fumarse o ancho do presuposto meirande na lene vitoria de catro días de festa gardados todo o ano na memoria colectiva dun pobo cego, mudo e .... xordo.
Co diñeiro disposto para pagar os servizos de David poderiase facer unha festa digna en Sorrizo, resucitar as grandes festas de Uxes, levar canto menos unha orquesta mínima para Morás ou facer verbena onde fai tempo que non a poden ter, por desgraza.
Nalgúns eidos da nosa vila deberíamos canto menos sinalizar carretera só para tractores, absteñanse turismos ou unha sinal que indique zona esquecida polo concello.
Tamén sería moi importante subencionar: os medios de comunicación local no canto de ignoralos ou atacalos dalgunha forma (presuntamente), pois son a esperanza de progreso, a voz no silenzo, o nexo entre o pobo e a realidade do seu eido ; investir unha milésima parte do diñeiro nunha escolma poética que recolla a todos os numerosos autores do noso concello no canto de non os recibir xamáis, ignoralos e apoiar só os venideros que só queren a nosa vila polos seus frios cheques ; porque a concelleira de cultura de Laracha ou o de Cabana entre outros Concellos próximos non só nos atenden sen previa cita senón que se comportan amablemente e máis alá da súa posición política dannos leccións de saber tratar as persoas con agarimo e sumo interese ; porque temos máis apoio fora que na propia casa ( dos políticos ) que non da nosa xente.
Parece moi paradigmático que eu coñeza persoas en Arteixo que viven sin auga, luz ou calefacción, que resisten o frio durmindo coas súas vacas no salón da casa rodeadas de esterco, galiñas e cans enfermos, aseándose, dalgún xeito, en rios no duro inverno en condicións infrahumanas propias doutro lar e doutro tempo. Despois de cincuenta anos nesas pésimas condicións pode que agora xa non precisen do concello para sobrevivir, debemos canto menos regalarlles un CD de Bustamante para que non se sintan tan esquecidos.
¡¡¡¡¡¡¡¡ Cantas cousas poderíamos facer cada un de nós con 100.000 euros e un pouco de atención !!!!!!!!!!.
Cecáis sexa mellor que os manexe o pobre David, seguro que lle fai moita falta o diñeiro.
O ancho dos votos non mana das aldeas remotas da vila ... senón do centro acomodado. Media hora de Circus .... e mellor ca nada.
E pregúntome: ¿que poden facer por nós
.... unha gaivota .... ou unha rosa vermella?

Redacta : Óscar de Souto (escritor local)
oscardesouto@hotmail.com
teléfono : 607 822 730